Levamos uns días pintando
mandalas. Primeiro fomos por equipos facéndoo e hoxe (como despois tiñamos unha sorpresa coa que non contabamos) fixémolo todos xuntos. Mandala quere dicir, polo visto, círculo ou roda (en
sánscrito).

A función dos mandalas vai dende o puramente decorativo ata o uso como medio de meditación,
relaxación, desenvolvemento mental, ..... Hai mandalas de formas diversas. Nós estamos con formas xeométricas.

Parece ser que existen diversas maneiras de pintalos (de fóra a dentro, de dentro a fóra, libre, ....) e
distintas técnicas. Polo momento, facémolo de dentro a fóra e no sentido das agullas do reloxo (e con ceras).
Existen multitude de páxinas para colorear mandalas. Se queredes seguir,
aquí tedes uns cantos.
1 comentario:
Son autenticas obras de arte y realmente tiene que relajar, puesto que requiere mucha paciencia y concentración. La técnica de la arena de colores me parece muy desestresante.
Publicar un comentario