12/11/08

Poemas visuais

Aínda non o comentamos na clase, pero aquí tedes un adianto do tema.
Este ano dende o cole de Aguiño fixéronnos a proposta (e por extensión a todo o resto do cole) de facer e intercambiar poemas visuais. Ademais, están "metidos" tamén no proxecto: o CEIP de Puxín, o CEIP de Pazos, o CEIP O Ramo, a EEI A Baiuca e o CEIP Emilia Pardo Bazán (polo momento, que a cousa sigue subindo jejejeje). Espero empezar próximamente, que imaxinación non é que nos falte (e dende aquí animo ó resto das aulas). Por certo, que é un poema visual? Pois aquí tedes unhas mostras do que foi chegando, para que vos fagades unha idea:

Aguiño 2ºB

Aguiño 5ºB

O Ramo (Fene) 3 anos

Podedes ver algún poema máis na páxina das Heroínas de Sálvora (Aguiño).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

un proxeto moi interesante, ¿saiu algunha convocatoria no dog?

Anónimo dijo...

Para facer isto dis? Pois non, foi unha proposta do colexio de Aguiño (ó que poden sumarse máis coles).