19/12/08

Felices vacacións

Estes días foron días movidos; as vacacións achegábanse e no cole había moita actividade: rematar cousas pendentes, ensaios, probas, avaliacións..... e despois festaaaaa! O xoves fixemos unha chocolatada na aula (moitas grazas a tódalas nais, pais, av@s, tí@s, etc, etc, por colaborar e facer que todo isto saíra ben) xunto cos c@s nos@s compis de 2ºB;


ademais fixéronnos unha visita Papá Noel e os Reis Magos, que nos trouxeron uns pequenos agasallos (moitas grazas a tódol@s profes e persoas da ANPA que fixeron posible que nos viñeran a visitar estes personaxes tan especiais) e por último o día da actuación.


Aínda que houbo uns pequenos problemas co son fixémolo xenial e cantamos moi ben (nós e @s compis de 2ºB).


Agora toca disfrutar das vacacións e coller forzas (non moitas jejejejejeje) para volver ó cole o día 8 de xaneiro.

FELICES VACACIÓNS A TOD@S!!!! A DISFRUTALAS!!!!!

3 comentarios:

Barry & Chus dijo...

Graciñas minchas!

Anónimo dijo...

Felices vacacións minchiñas e caramuxos.

Graciñas Sr. Sapoconcho

moitos bicos

Anónimo dijo...

Hola, soy tia de Valentina, vivo en Argentina y me encanta esta pagina porque puedo ver a mi sobrina en su cole con sus amiguitos. Felices Vacaciones para todos y a mi reinita un beso enorme