30/1/09

Poñendo ladrillos para construír a Paz

Hoxe tiñamos unha casa que construír; por iso fomos poñendo ladrillos con mensaxes cos nosos mellores desexos de paz (algo que é moi difícil de conseguir incluso nas nosas vidas, no máis próximo, nas nosas actividades diarias. Pero sempre hai que seguir loitando para acadalo). Fomos poñendo ladrillos xunto co resto d@s compañeir@s do cole e convertímonos en albaneis da paz. O tempo non permitiu que o fixésemos ó aire libre; aínda así mereceu a pena polo ambiente creado.


No nome da nosa clase Valentina, Iván, Sara e Roi puxeron os nosos ladrillos: "Ós nenos e ás nenas do Xulio Camba gustaríanos que a felicidade, a harmonía e o cariño inundara o mundo" e "Desexaríamos que todo o mundo fose tan feliz coma o somos nós e que nunca lles falte o amor e o cariño dos seus familiares e amigos".


Pois que se cumpla.
Para finalizar tod@s cantamos unha canción:

3 comentarios:

Anónimo dijo...

LASTIMA EL TIEMPO Q NO PERMITIO Q LOS PAPIS PUDIESEMOS VER ESTO TAN BONITO....DA FUERZAS PARA SEGUIR DESEANDO UN MUNDO JUSTO Y CON PAZ PARA NUESTROS HIJOS. ESTAN TOD@ MUY BONITOS. FLOR (MAMI DE VALENTINA, Q POR CIERTO LEYO MUY BIEN)

Anónimo dijo...

VOSOTR@S SI QUE LO PASAIS BIEN, ESO SI EL CAMARA PARECE QUE ESTA EN LA FASE DE "NECESITA MEJORAR", CUIDADÍN CON EL AGUA.

Anónimo dijo...

Hola Valentina! que linda que estas prima! te mando muchos besos!