26/3/09

Plantando árbores


Hoxe fomos transplantar (xunto @s compis de 2º B) a outros testos máis grandes as árbores (si, xa son pequenas árbores) que foron nacendo nas clases daquelas sementes de nogueira, castiñeiro e carballo (e dúas laranxeiras que lles naceron @s nen@s de catro anos) que plantamos xa hai tempo. O Concello de Vilanova proporcionounos os testos e a terra e van facerse cargo deles mentres non se fan aínda máis grandes (que polo momento son pequenos de máis) para despois plantalos nun lugar axeitado (moitas grazas dende a nosa aula por todo).


Entre infantil e primaria conseguimos que medraran (polo momento, que aínda nacerá algún máis) unhas 30 árbores; a nosa pequena contribución para "mellorar" tamén este planeta noso.

No hay comentarios: