31/10/08

As nosas cabazas

Xa pasou o Samaín e estas eran as nosas cabazas.

A verdade é que todas estaban moi ben e cada unha levaba o seu toque de orixinalidade. Ó final Valentina levou un pequeno premio (que ela, xa antes de saber o que era, quería compartir con toda a clase). Sei de boa tinta que o xurado tívoo moi difícil, xa que realmente tod@s o mereciades (o mesmo que @s das outras aulas, que tamén o "curraron"); e, como moi ben dixo Belén, o premio verdadeiro era disfrutar do día (sabias palabras).
Agora a prepararnos para as próximas celebracións: o Día do Peón e o Magosto (que se o tempo o permite serán o día 11).

No hay comentarios: