
Hoxe estivemos meténdonos dentro do que é o Samaín.
Samaín: palabra gaélica que ven querendo dicir “fin do verán”. Para os pobos celtas viña ser coma o fin de ano, o comezo dun ano novo, e era unha data moi importante para eles e moi unida ás ánimas e ó máis aló. Falamos de druídas, de caveiras, de fogueiras, de ánimas, de cabazas, de portas invisibles..... a algún metémoslle un bo susto e tamén deixamos claro que todo son tradicións e que non teñen que darnos medo (que ó final todo o temos que tomar coma unha festa). Falamos do Halloween, que sería a mesma tradición pero levada polos emigrantes que chegaron ós Estados Unidos.
Falamos das historias de medo (contaremos contos de medo), empezamos a decorar a clase......
Vamos, que vai ser unha semana TERRORÍÍÍÍÍFICAAAAAAA!!!!!
Para saber máis sobre o tema podedes consultar: Vieiros da escola ou a páxina do CEIP de Palmeira
Se queredes saber algo de lendas, tradicións, seres míticos, lugares encantados...... da nosa Terra: Galicia encantada
E xa que temos un concurso de cabazas en marcha, podedes ir facendo experimentos aquí: deseña a túa cabaza
No hay comentarios:
Publicar un comentario