Mañá disque é "San Valentín". É un día no que se gasta moito diñeiro en regalos para "amosar" que "se quere" aos demais; nós hoxe chegamos á seguinte conclusión: non fai falta un día determinado para demostrarlle aos demais que os queremos ou apreciamos e, moito menos, gastarnos diñeiro e diñeiro en agasllos cando cun simple abrazo (que podes dar en calquera momento e non nos custa nada) chega.
Por iso, hoxe, había frechas que sinalaban a nosa aula; por iso hoxe regalamos abrazos (os que quixeron facelo) a todo aquel que o quería ou o pedía; por iso hoxe toda aquela persoa que pasaba pola nosa aula levaba un lote de apertas; por iso hoxe cruzamos a rúa e a praza para ir ao outro edificio e compartir isto cos outr@s nen@s e profes; por iso hoxe cun simple xesto pensamos que fixemos (e fomos) ao resto da xente un pouco máis felices.
VENRES EN FAMILIA
Hace 3 años
3 comentarios:
Poner vuestra mano izquierda en el hombro derecho, y vuestra mano derecha en el hombro izquierdo, os acabo de mandar un abrazo virtual
Moitas grazas Profe Espe, recibida está a aperta.
Profe Ramón este ano quedei sen abrazo :P
Publicar un comentario