
Pois como ben nos din na entrada anterior Belén e Valentina (e ben comprobaron outros nenos e nenas da clase) era BRAILLE . Pero agora xurdíronnos outras dúbidas (ademais de saber quen puxo a misteriosa mensaxe):
-Como é que esta "linguaxe" ten este nome?
-Que poñerá realmente? Como sabemos que pon 2ºA?(aínda que algúns xa o descubriron tampouco o teñen claro)
-Se algúns ou algunhas o descubriron, con axuda, mirando na ONCE , que será iso da "ONCE"? (ademais dun sorteo da tele, que xa apuntou algún)
-Se é unha maneira de que os invidentes poidan ler e eles, claro está, non poden ver, como é que o fan se o "texto" que nos deixaron é plano?
Mimá, cantas dúbidas nos xurdiron!
No hay comentarios:
Publicar un comentario